Etiquetado: Galego RSS Mostrar/ocultar comentarios | Atajos de teclado

  • Andrés 19:37 el 12 April, 2012 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Galego,   

    Os ciclos pequenos 

    ¿Qué teñen en común a dieta xaponesa, os métodos de entrenamento de Mouriño e as técnicas áxiles de creación de software?

    • Na dieta española, típicamente, a alimentación planifícase por semana -o luns peixe, o martes pasta, etc. Pola contra, na xaponesa, cómese multitude de elementos de tódolos tipos nunha mesma comida: o ciclo de planificación é diario.
    • Na práctica do fútbol profesional, exercítanse varios aspectos: físicos, técnicos e tácticos ou psicolóxicos. Un entrenamento soe consistir en varios minutos de carreira continua (para entrenar os aspectos físicos),  para logo realizar exercicios técnicos e estratexia (lanzamento de córner ou saídas con balón) e finalmente charlas de preparación psicolóxicas. A metodoloxía da periodización táctica que exercitan Rui Faria e Mouriño levan a cabo un entrenamento integrado, con varios exercicios que potencian tódolos aspectos ó mesmo tempo.
    • Na industria da creación de software, ata hai unha década, os productos concebíanse con ríxidas fases de producción, típicamente “análise > arquitectura > desenvolvemento > test > documentación”. Coa chegada do movemento agile, emerxe a idea de que é posible crear productos con ciclos máis curtos e iterativos onde se realicen tódalas fases simultáneamente.

    O que me chama poderosamente a atención é ver como nos 3 casos se potencian os ciclos pequenos de actividade que alimentan os ciclos grandes. E dame por pensar si ése actuar fractalmente marcará diferencia algunha no éxito ou fracaso.

     
  • Andrés 19:46 el 1 April, 2012 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Galego,   

    Parque do pasatempo 

    Non se perdan a historia dos indianos e irmáns García Naveira. A principios do século XX, impulsaron en Betanzos un modelo educativo e capitalista diferente. Ademáis de construir un parque enciclopédico precioso e de envexa mundial para a época:

     
  • Andrés 7:17 el 18 January, 2012 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Galego, , ,   

    Internet goes on strike 

    Hoxe, a web está de folga. Estos días estase a debatir no congreso estadounidense a coñecida como lei SOPA que recorta liberdades dixitais. Estamos en pé de guerra. Nesta batalla, persoalmente pouco podo facer máis que darlle publicidade ó que ocorre e pensar en modos futuros para que non me afecte: non olvidemos que a globalización é interdependencia e que, gran parte da miña nosa actividade online está mediada por compañías estadounidenses de contidos (ás que máis lle pode afectar a lei SOPA). Por sorte, na maioría dos casos que me afectan éstas adhírense á folga da web: dreamhost, wordpress (capturas), wikipedia, google, etc. Pero isto non me reconforta. Simplemente me mete présa para seguir profundizando no noso plan de independencia dixital.

    Actualización 18 de Xaneiro: este blog ha redirigido las peticiones de visitas a la web de la huelga. Gracias a los creadores del plugin que hicieron posible que esto fuese posible para cualquier usuario de la red odiseus de un modo trivial.

    Actualización 22 Xaneiro: Clay Shirky axúdanos a reformular o debate sobre a SOPA e PIPA neste video.

     
  • Andrés 22:42 el 6 January, 2012 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Galego   

    «Se Díaz Pardo fose como Steve Jobs, nas cuncas de Sargadelos só poderias tomar café Las Candelas

    In memoriam (via).
     
  • Andrés 16:21 el 24 December, 2011 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Galego   

    Un bo artigo da BBC sobre a crise na eurozona faime reflexionar de novo sobre o tema e recordar un video de Garicano sobre as deficiencias económicas de España. Ser os primeiros da clase en cumplir co pacto de estabilidade non nos evitou a recesión, o noso problema foi a débeda privada, síndrome de novos ricos. E a saída agora non está clara: ¿aforro ou inversión?

     
  • Andrés 10:39 el 1 November, 2011 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , , Galego,   

    Chega o Samaín, literalmente o fin do verán, festividade celta que supoñía o fin da temporada de  colleitas e era considerada o fin de ano celta. En Galicia, é tempo tamén de chorar ós mortos. A miña rutina hoxe é despertar cedo, conectar o RSS, ler as noticias. E chego a “Los médicos deben de recetar desde hoy por principio activo y no por marca comercial“. Así, gracias á necesidade económica -impulsada por Galicia, a comunidade autónoma que máis gasta en medicamentos por paciente- o impulso de xenéricos é unha realidade. ¿O principal beneficiado? As arcas do estado, que se aforrarán cerca de 2.000 millóns de euros. Pode que tamén a industria de xenéricos española. Recordo agora as primeiras charlas, anos atrás, cando Fran e máis eu comezamos a falar de propiedade intelectual, xenéricos, software libre e desenvolvemento. Cómo cambiou o mundo anos despois: o software libre xa non é un descoñecido para o mundo da cooperación e os xenéricos pasan a ser unha realidade. Dalgún modo tamén éstos son os meus mortos. Choro por eles e déixoos ir. Agora, toca dedicarse ós vivos.

     
    • Sergio 14:32 el 1 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

      Aínda non os des por mortos… Desgraciadamente esta aparente escalada do “libre” posiblemente esté máis motivada pola falta de cartos que polo sentido filosófico de soberanía cidadá e liberdade que estas tecnoloxías teñen detrás. Así que agora que a xente empeza a coñecer estes conceptos e valoralos é un bo momento para insistir na parte filosófica, que é o que move o cambio! Así que non os deixes ir todavía, falta o golpe de gracia! ;-DDDD

    • Jesús 8:11 el 2 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

      A mí lo que me parece un poquito vergonzoso es que medidas tan de sentido común como estas sólo se apliquen cuando viene una crisis. Como si ahorrar en sanidad no fuese algo que hay que hacer siempre…

      • amaneiro 22:33 el 2 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

        Desde luego sí que es una vergüenza! Esperemos además que no sea una medida temporal por la crisis y la eliminen al primer repunte y presión del lobby farmacéutico…

        De todos en el post me refería a mi predisposición personal a hablar de estos temas: lo que quería transmitir es que me toca avanzar y dejar que otros “evangelicen” sobre esto. Yo estoy a otra.

    • Sak 10:24 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

      Feliz novo ano celta ;)

      O software libre avanza con paso firme, e estamos probablemente nunha das épocas máis doces; tamén hai que saber desfrutala. Por exemplo os nenos galegos na escola terán ultraportátiles con linux, sexa polo aforro ou polo que sexa é un abance.

      No camiño de deixar ao grande ollo que todo o vé (Google) e aprobeitando as novas limitacións quero sair de GoogleReader, queria saber que leitor de feeds empregas ti. Cando un quere sair de grande G, repara no que nos camelaron co Don’t be evil e todo o que se deixou de facer porque xa o facía Google.

      Saúdos!

      • amaneiro 11:22 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

        Boas Sak! Eu uso o clásico liferea: http://liferea.sourceforge.net/

        • Sak 14:54 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

          Paréceme limitadísimo, gustoume mais o RSSOwl; pero ainda así, ningún me da a posibilidade de sincronizar entre varios equipos :(
          Saúde!

          • amaneiro 15:27 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

            O que podes facer é exportar o OPML e telo nun lugar compartido (por exemplo, dropbox), pero iso non sincroniza as entradas que les.

          • fpuga 12:05 el 19 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

            He decidido abandonar google reader gracias a este post. RSSOwl usa Eclipse RCP así que supongo que será superpesado.

            Para seguir los news en varios equipos he visto dos posibilidades. Liferea+Dropbox o bien Tiny Tiny RSS o incluso Liferea+Tiny Tiny.

            Y esto me lleva a una reflexión más amplia. Alguien estaría dispuesto a pagar por su soberanía digital… Contratar un VPS y proporcionar correo-e, lector de feeds, blog, tal vez sincronización de bookmarks y formación de como usarlos de mejoras de productividad …

            Una empresa que realice esto como actividad secundaria podría obtener una fuente de ingresos pequeña, pero constante sin un esfuerzo enorme. 100 usuarios a 100€/año me parece viable.

    • goretoxo 12:26 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

      liferea power!! ;)

      unha dúbida: facedes “bookmark” cara a onde? a twitter? a un blog?

      • amaneiro 15:28 el 7 noviembre, 2011 Enlace permanente | Responder

        “bookmark”? refíreste onde compartir os post favoritos? Eu iso non o fago, únicamente aqueles que me gustan podo poñelos como enlace aquí mesmo no post, cun novo minipost.

  • Andrés 18:32 el 4 February, 2008 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Galego,   

    Cidades e áreas metropolitanas 

    Si o papel das cidades e das áreas metropolitanas na sociedade da información é tan decisiva como parece, toca mirar para nós mesmos e ver de qué estamos feitos.

     
  • Andrés 20:51 el 7 November, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Galego,   

    Conectarse ós foros mundiais de debate 

    É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate.

    Nos últimos tempos, en Galicia, estanse a dar pasos interesantes neste sentido. O que vou a comentar é a iniciativa Pobre Mundo Rico, levada a cabo polo Clube Internacional de Prensa. Máis alá das necesarias críticas, é un proxecto que me gusta. Principalmente porque trata de achegar a Galicia debates sobre cooperación que non se están dando. Pero tamén porque non se limita a traer de fóra para que aprendamos. Tamén integra no seu interior a ponentes internos.

    Por exemplo, no eido do enfoque de xénero as representantes de IND tiveron voz no evento (probablemente a ONGD galega que máis trate este tema) e no tocante a servicios básicos falou ESF (probablemente a ONGD galega que máis teña traballado este discurso).

    Esta sinerxia entre axentes internos e externos é a precisa para que exista aprendizaxe mutuo, e non se quede a iniciativa nun “Benvido Mr. Marshall“. De tódolos xeitos, ten moitas cousas criticables.

    Si ben é certo que non é éste o único foro deste estilo en Galicia. O ano pasado chamoume a atención o foro Os sentidos das culturas, polo que pasaron grandes pensadores. E en breve, tamén no marco do Consello da Cultura, realizarase o foro Medios de comunicación e identidade (vía NovosMedios). Éste último recolle algunhas das inquietudes nas que levaba tempo pensando (todo ahi que dicilo, a raíz do curso de verán organizado polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas.

     
    • Antón 1:41 el 8 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Xusto estes días estiven escoitando as conferencias de Pobre Mundo Rico no traballo (mentres facía outras cousas :-) ). Polo de agora levo a de Molinero, as de Carmelo García (Vigo e Coruña) e a do papel das mulleres en cooperación… é incrible, síntome como se en dous días lera 25 informes e catro libros :-) na miña opinión, escoitar ós que levan moitos anos (moitísimos no caso de Carmelo) traballando nalgo é o xeito idóneo de recibir información. Á marxe de que no seu discurso tamén inclúen opinión (é non quero dicir que isto sexa malo, nin moito menos se o que se quere é abrir debate), presentan datos e feitos obxectivos, parcialmente dixeridos e razoados, un luxo nestes días no que a información é un producto de consumo que se oferta á carta, nestes días nos que “Público” e “La Razón” falan de universos paralelos e inconexos :-) That’s all folks!!

      Apertas dende Hortaleza!!!

  • Andrés 20:52 el 1 November, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Galego,   

    Dende o “Bus-Force-One” 

    De camiño a Estella e posteando … :D

    bus-force-one

     
    • Bea 22:33 el 2 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Ey! Que envidia! Aunque no me quejo porque esta semana estamos teniendo muchas aventuras neoyorquinas! jeje! Recuerdos a todos los ESFeros! Y esperamos detalles en la lista de correo correspondiente!

    • nes 18:38 el 5 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Os detalles … “estamos trabajando en ellou” :D

    • fpuga 12:02 el 6 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Un gran fin de de semana o de Estella. E o momento friki de subir a foto dende o bus incrible xD

    • nes 16:10 el 6 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Sr fpuga… si xa llo dixen.. vostede é como a cervexa, “donde va, triunfa”! :D

  • Andrés 18:52 el 31 October, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Galego,   

    Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS 

    Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B.

    E niso estamos cando descubro este video de Olga, onde ela e Felipe explican en qué consiste o Laboratorio de Innovación Social. Xenial!

    [gv data="_PLbfdlkYQ8" width="425" height="350"][/gv]

     
    • Lara 22:31 el 31 octubre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Eii!
      a ver si dejamos de hablar de la cosmica de una vez…que a algunos nos dais envidia, aunque solo una poquita, jajaja bueno ya sabes a pasarlo bien y a dar saludos a todo el mundo por ahi! en especial a Marina, de cataluña que la conoceras, es mi compañera de PCR asi que un beso para ella! y nada mas, suerte para ti en el taller y que no os divirtais mucho!!!

      Un beso
      Lara

      P.D: recuerda que me prometiste un informe a la vuelta! y lo prometido es deuda!

    • xm carreira 17:33 el 1 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Molinero, Molinero, de que me soará ese apelido?

    • nes 18:40 el 5 noviembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Anda! xm… pois molinero debeu ser o teu profe en camiños, non? E tamén Quique Peña! :D Si e que o mundo é un pañuelo! :D

c
crear nuevo post
j
siguiente post/siguiente comentario
k
anterior post/anterior comentario
r
responder
e
editar
o
mostrar/ocultar comentarios
t
ir al principio
l
ir a la página de ingreso
h
mostrar/ocultar ayuda
shift + esc
cancelar