in All, ESF Galicia, Galego, Some events I attended

Taller: a mañán do sábado

Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra.

# 10:20h – 12:00h. Comezamos a sesión matinal repasando o feito o día anterior: cómo crear bitácoras e manter as estatísticas, as alertas de Google News para facer seguemento da entidade, de eventos ou palabras clave. Finalmente recórdase a creación da lista de correo para resolver dúbidas.

A mañá arranca probando a ferramenta de Google Calendar. Explícase e xógase coa creación de varios calendarios con distintas opcións de publicación e o uso de calendarios compartidos.

Xosé retoma a metáfora de escritorio virtual: a páxina de inicio como o escritorio virtual.

Explícase o uso de alias de correo en GMail. Neste punto plantéxase a dependencia excesiva da empresa Google. A xestión do correo dunha organización debe ser interna (con servidor propio) ou externa? Coméntase que ó final unha ONGD ten que decidir entre manter servizos propios (servidor de listas de correo, de correo-e, etc) ou externalizalo (a unha empresa privada de pago ou con ferramentas gratuitas).

Fálase da privacidade do usuario e das opcións que existen para garantila.

Explícase a fondo o RSS, a práctica farase coa ferramenta BlogLines. Tamén se amosa a funcionalidade dos navegadores Firefox e do IExplorer para facer o proceso de suscripción de forma sinxelo.

Entramos na parte multimedia do curso.

O uso de YouTube como televisión da organización. Xosé fala tamén da retroalimentación entre a tv en internet e os medios convencionais (no telediario da 2 existe un espazo de participación x ex, tamén tímidamente en Antena3 e no País). Pon o exemplo de Ecoloxistas en Acción como organización con boas prácticas. Explica que é importante realizar videos noticiables, de actualidade.

Logo pasamos a amosar o caso de outra ONGD que usa intensivamente internet: AI. Xosé destaca que a día de hoxe Amnistía Internacional consigue o 70% dos socios a través de internet. Exemplo da campaña… que no lo veas no significa que no exista.

Comeza o descanso.

Multimedialidade: fotos e videos – 12:20 – 14:00h

Empezamos contextualizando as 2 ferramentas usadas para a explicación: Flickr e YouTube.

A potencialidade de Youtube como televisión da organización. Por ex, videos de campo sobre os proxectos desenvolvidos. Campañas de sensibilización. Entrevistas a membros da organización, de contrapartes, etc.

Empezamos coa explicación práctica da ferramenta. A posteriori, explícase cómo incluir un video do curso no propio blog.

Xa finalmente preséntase os Wikis, qué son e para qué se poden usar nas organizacións. O exemplo da Wikipedia.

Xosé comenta que en Canal Solidario usan este tipo de ferramentas, por ex, para traducir os contidos de Canal Solidario. Durante o furacán Katrina, usouse un wiki para organiza-lo ocorrido en tempo real: recursos, últimas noticias, etc. No caso do Tsunami na India fíxose de igual modo: número e listados de víctimas, información para as organizacións, recursos dispoñibles, etc. Tamén se comenta o uso de Vivienda digna: lugares e horas das manifestacións, manifestos, diversos recursos.

Para rematar o seminario, Xosé Ramil comenta que o uso destas ferramentas é o futuro das organizacións. Tamén que, en Galicia, existe unha oportunidade cos medios locais que son máis accesibles que noutros lugares (x ex, Madrid onde están máis saturadas).

A decisión de optar por unha estratexia de comunicación en internet é unha decisión a longo plazo. Os maiores problemas co que se atopan en xeral as ONGD máis grandes e xerárquicas é que estos temas descoñécense e os directores da organización están máis interesados en sair nos grandes medios. Porén, o futuro xa pasa por unha estratexia de comunicación para internet.

Finalmente, explica o obxectivo da Fundación Chandra: que as ONGD sepan usar as novas tecnoloxías. Isto visibiliza a súa labor e facilita o acceso á información.

Rematamos o seminario explicando os principais proxectos da Fundación Chandra.

  • Canal Solidario: portal xeralistas de temas sociais
  • Solucionesong: dirixido a organizacións, os expertos responden ás consultas
  • Hacsfalta: ONG solicitan ofertas de voluntarios e traballo remunerado
  • Ekoos: para os xornalistas de medios de comunicación. Poden realizar consultas a expertos. Pretende incidir na calidade informativa dos temas sociais, pois en cantidade Xosé pensa que xa está cubertos os temas sociais.

Leave a Reply