Taller: venres, sesión tarde

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC.

Xosé Ramil, periodista nos inicios do proxecto Vieiros, logo participa en Inicia (primeira iniciativa de PRISA en internet). Posteriormente, coordinador do proxecto Canal Solidario. Actualmente actúa como coordinador do proxecto Ekoos.org tamén da Fundación Chandra.

# Sesión inicial da tarde 16:30h – 18:00h

Comeza Xosé a contar cómo xurde o proxecto Ekoos.org. Durante o conflito de Sudán dende canal solidario contáctase cos cooperantes no terreo e cubren unha información que estaba silenciada. Os medios entón fanse eco e existe xa unha retroalimentación internet-medios-cooperantes.

A partir de aquí demostraron que os cooperantes podían ser unha fonte de información fiable para os medios. Así xurde Ekoos.org que pretende pór en contacto a periodistas dos xornais con cooperantes especializados en certos temas.

Logo da introdución inicial, explica en qué consistirá o curso: en amosar inicialmente o uso de certas ferramentas. Posteriormente, e para dar soporte, a xente que o desexe poderá consultar as súas dúbidas a través dunha lista de correo creada a tal efecto.

Indica Xosé que os periodistas usan intensivamente a web, polo que ter unha presencia dinámica e activa é moi importante de cara a dar unha boa imaxe da organización para os periodistas.

Explica qué son as bitácoras ou blogs, e as súas características especiais. O trackback (comentarios entre blogs) como conversación na blogsfera. Mostra diferentes ferramentas para crear blogs, tamén buscadores especializados. Entre eles, a plataforma civiblog.

Os blogs como ferramenta de campaña para que os periodistas amplíen información. Ademáis da nota de prensa, si o periodista quere coñecer máis pode acudir ó blog para ampliala, logo, á hora de consultar coa organización xa coñece brevemente a problemática e manexa info, polo que pode facer preguntas máis adecuadas.

Fálase dos blogs Indigencia, Andadura, Ayuda Sahara, Sin Género de Dudas e Diario del camino de Santiago. Tamén se fala de Zexe.

Comeza o kit de inmersión. A partir de agora á vez que os alumnos experimentan Xosé explica o funcionamento. Agora posteo menos porque estou tamén eu resolvendo dúbidas.

Explícase a creación de blogs, noticias e alertas de google news, buscas eficientes en buscadores (cos tips: +, -, linto:, define:, …).

Unha vez explicadas as ferramentas, Xosé Ramil incide na idea de que o sistema operativo tende a ser levado á web e o PC de usuario simplemente se configura como un punto de acceso a internet. Incide tamén na idea de que Google é a empresa que xestiona toda a nosa información (correo-e, calendario, alertas, etc) como antes o foi Microsoft. Agora, vese a páxina persoalizada de Google como o sistema operativo propio en calquera lugar do mundo (calendario, notas, correo, noticias, etc).

Facemos a pausa da tarde.

# Segunda sesión da tarde do venres. 18:30h – 20:00h

Logo das múltiples ferramentas utilizadas comezamos a 2a sesión discutindo o uso dos blogs nas organizacións. Cómo poden servir éstos á comunicación da organización?

Para qué lle serve un blog a unha organización que xa ten web dinámica, foros, etc? Xosé Ramil indica que a principal novidade é a comunicación persoal e a creación dunha comunidade. Os blogs persoais VS os blogs oficiais das organizacións. Xosé indica que os persoais teñen máis liberdade de opinión.

Logo da posta en común, amósase o uso dos xestores de estatísticas. Élíxese o StatCounter para a explicación.

Volvemos ó blog e explícase o uso de etiquetas e cómo éstas poden axudar tanto ó posicionamento en buscadores como á propia usabilidade do blog.

Finalmente, introdúcese o conceto do RSS e das listas de correo ou grupos.

Remata con esto a sesión do venres.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *