Todo e nada. O caso do Plan Ferrol.

Logo de que a SEPI desactivase o Plan Barreras e El País esté desactivando agora a idea de que o plan era viable (ver tamén serie de entrevistas: 4 de marzo + 11 de marzo), a consellería de Economía e a Presidencia da Xunta presentan o Plan de Desenvolvemento Integral de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2001.

Mais un análise do Plan Ferrol [PDF] agora proposto por economía e presidencia sitúanos no punto de partida: non existen actores privados que o leven a cabo e parte da financiación pública estaba comprometida dende fai anos. Os recursos privados son 2.000 millóns (dos que aínda non se dispoñen), que conxuntamente cos 1.163 da Xunta e Estado conformarían o plan. Esta proposta non é máis que unha “declaración de intencións” ou bluf mediático.

Pero máis alá da nula concreción pódeselle criticar outra falla que nos aporta o sentido común e está explícita no propio plan. A elección entre os sectores posibles: naval, textil, biocombustibles, loxístico, acuicultura, industria eólica, industria maremotriz, turismo. Na gráfica (obtida do propio plan) pódese ve-la potencialidade dos sectores (ver máxima resolución):

Pódese supoñer que unha das accións de goberno debe ser, en función da información obtida, incentivar sectores de futuro. Pois ben, de todos eles, economía e presidencia queren apostar polo eólico, turismo, loxística, acuicultura, biomasa, biocombustibles, naval e maremotriz. Simplemente, de risa. A diversificación non é isto, señores.

Non me extraña nada que a mancomunidade de municipios e os empresarios se queixaran do plan… por inconcreto. E mentres tanto, El País á súa bola, como xa Lantania ven dicindo.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *