Un plan industrial, ou qué significa ser periferia

  • Actualización 11 marzo, 20:50 – O diario El País, sigue (en edicións dominicais consecutivas) coa serie de entrevistas a algúns actores do caso Astano: presidente de Barreras (4 de marzo), presidente da SEPI (11 de marzo). Tamén amplío enlaces doutros post que siguen coa conversa, x ex a intervención do diputado do PSOE Xavier Carro.
  • Actualización 2 marzo, 00:12 – incorpóranse opinións de + xente do psoe de ferrolterra. Nos comentarios da a súa opinión Iván Puentes, candidato á alcaldía de Fene polo psoe.

Qué significa ser periferia? Significa defender en Madrid un plan industrial para Galicia (zona de Ferrolterra)… mentres a maioría dos diputados “pasan”: vanse ou interrumpen a intervención. Gran metáfora. Pura gramática cultural.

Dándolle contexto ó video, a día de hoxe existen 2 opcións para reindustrializar Ferrolterra:

  • O proxecto de construir naveiros civís. Apoiado polo sector público e privado galego: a empresa asteleira Barreras, as 2 caixas galegas, amén da propia Xunta e parlamento de Galicia.
  • O proxecto para atraer a empresas de enerxías renovables. Apoiado polo sector público do estado (a SEPI) que leva buscando axentes privados que asuman o seu proxecto dende os 3 últimos anos sen obter resultado ningún.

Máis -e mellor- información…

  • As posicións de partidos locais… o bng de Fene (1, 2) que apoia a vía galega e o psoe con Iván Puentes (1, 2, 3, 4, 5) e Manuel Cendán (1) que apoian o que lle mande a SEPI.
  • Intervención de Xavier Carro (PSOE), diputado pola coruña (comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal) no congreso.
  • Análise no blogomillo … fan seguemento intensivo Lantania (1, 2, 3, 4, 5) e Calidonia (1, 2).

13 thoughts on “Un plan industrial, ou qué significa ser periferia”

  1. Eu e máis o PSdeG-PSOE temos moi clara a nosa posición sobre Navantia, que é a mesma que mantivemos na última crise, provocada polas axudas ilegais do PP en 1999 e 2000, cando nace Navantia:

    1. NON á privatización do estaleiro público.

    2. Reclamar carga de traballo propia para Fene nos sectores militar e civil.

    3. Cumprir, porque non é posible non facelo, a lei europea, as restriccións para a producción civil. A única alternativa a non cumprilas e pagar as multas que foron condonadas, ou sexa, provocar a quebra da empresa.

    4. Presentar xa o Plan Industrial prometido pola SEPI nos acordos de 2004 cos traballadores.

    5. Nos terreos que non usa Navantia e que non afectan á súa capacidade productiva, desenvolver outro tipo de iniciativas empresariais, navais ou non, que sumen postos de traballo ós xa existentes en Navantia.

    6. Acordar cos traballadores de Navantia tódalas decisións que se tomen e afecten a esta empresa.

    Este é o contido do acordo adoptado a pasada semana no Parlamento de Galicia, é o que propoñían PSOE e Esquerda Unida onte no Congreso (coa diferencia de que rexeitaban calquera actividade naval a maiores da de Navantia, por prohibila a UE) e é estrictamente o contido da moción que consensuamos e aprobamos PSOE e BNG de Fene no pleno de hoxe.

    Se me preguntades específicamente sobre o Plan de Barreras, o que teño que dicir é que é unha alternativa máis, que parece, polo que lle dixo hoxe a UE ó Conselleiro de Industria, que non é a máis viable, como dixo a SEPI dende o primeiro día, pero non me parece o mellor dos plans posibles, porque supón vender a maioría do terreo de Navantia, especialmente o destinado á construcción, co que anularíamos a capacidade da empresa pública para facer barcos e, ademais, non supón diversificar a nosa economía, seguiríamos cultivando o monocultivo empresarial.

    En resumo, defendo un estaleiro público con actividade militar e civil (con máis carga de traballo da que ten agora) en Fene, ou sexa Navantia, combinado con iniciativas empresariais, preferentemente non navais, que se instalen nos terreos que non se usan e que sumen postos de traballo ós de Navantia (que non desvistamos un santo para vestir outro) que podan facer máis plural e máis competitiva a economía de Fene.

  2. 1. O proxecto da Xunta/Barreras non é unha privatización dunha empresa pública, nen sequera dun estaleiro público, entendendo que o centro de Navantia Fene é unha parte do par Fene-Ferrol que só e un dos centros que Navantia ten polo Estado. Implica unha venda de activos (instalacións) e/ou unha cesión de terreos que son públicos para unha actividade que o estaleiro de Fene agora mesmo non realiza, incumprindo a concesión. Así que non se trata duna privatización en sentido estrito. Deixade de enganar coas palabras.

    2. Sen a cosntrución naval civil a actividade non é viable, pois para vivir só da construción militar éntrase en competencia fortísima non só con Ferrol senón e sobre todo co resto de centros do Estado, normalmente máis beneficiados polos repartos de encargos e cargas de traballo tanto do PP como e sobre todo do PSOE, como testemuña a historia pasada e recente. Os pedimentos son case exclusivamente públicos, e os orzamentos son limitados (alén de tratarse en rigor de orzamento para gastos militares). A produción na pública non é rendíbel, e a produtividade é moito menor que na privada, como testemuñan as análises económicas realizadas. O mercado mundial da construción naval está en auxe e se prevé que siga medrando ao medio e longo prazo, conforme vaia aumentando o comercio mundial, que se fai fundamentalmente por vía marítima, e o europeo, en cumprimento da directivas medioambientais que potencian este tipo de transportes. A construción militar medrará moito menos. Por demais, os nacionalistas apostamos por competir abertamente nun mercado cambiante e competitivo, pois tamén na economía como na política cremos que Galiza pode valerse por si mesma, a pesar dos que desde dentro a traizoan constantemente.

    3. A restrición do 20% á construción naval civil no centro de Navantia Fene non é igual para todos. Impúxose a Fene e non a outros centros polos noxentos pactos acadados entre os sindicatos historicamente vendidos ao poder de Madrid e o PSOE, sacrificando as mellores instalacións do Estado en favor das de Puerto Real, e continuando co papel histórico que os partidos estatis reservaron a Fene para pagar o pato en nome de todos os centros produtivos. Este límite fixado para Fene non é unha Lei, é un acordo ou pacto pestilente entre o Estado a UE, perfectamente revisábel en todos os seus aspectos, sempre que o Estado/PSOE queiran sentarse a debater (cousa que xa se ve que non queren). Facerlle pagar a Fene, á Xunta ou a Barreras a débeda condonada de todos os estaleiros públicos españois é unha broma de mal gusto, que só podía ter saído dun cargo como o presidente da SEPI nomeado polo goberno de ZP.

    4. Os traballadores? Refíreste só aos poucos centos do estaleiro, a todos os indirectos, aos milleiros que antes traballaban e xa non? Aos desprazados a Ferrol? Aos prexubilados? O estaleiro é cousa de todos, non só dos traballadores e dos sindicalistas. O plano da SEPI? Que curioso, agora que hai outra alternativa máis valente, viábel e con financiamento privado das Caixas Galegas. Que oportuno.

    5. Si. Por iso en canto aparece o Proxecto de Barreras, a SEPI se descolga cunha contramedida anunciando a paranoia esa dos xeneradores eólicos. Que queres que che diga? A min iso lémbrame a SIV, outro proxecto fantasma que acabou en nada e que foi utilizado convenientemente para distraer a inexistencia de alternativas industriais para Ferrolterra. Tarde piastes!

    6. Aos traballadores, cando non teñen razón tamén hai que quitarlla, faltaría máis. Aos sindicatos cando só pensan no seu e esquecen as repercusións sociais das súas decisións, hai que paralo. Ou é que temos alma de sindicalista anacrónico? Abaixo o corporativismo.

  3. O certo Ivań é que…

    non hai ningunha lei europea que nos impida privatizalo, o que hai é unha dirección xeral europea que vela pola competencia, e que impuxo 4 condicións á reconversión do naval español no 2005. Non é unha lei europea, senón acordo España-UE, un acordo político e, polo tanto renegociable. As multas, si fose necesario pagalas, evidentemente, non as pagaría a empresa, senón o estado pois é quen está obligado coa UE.

    — insisto, o acordo ó que se chegou con esta dirección no 2005 é renegociable si o estado asume o proxecto (de iniciativa privada) de Barreras e as caixas galegas, tal e como dixo hoxe Philip Lowe. É dicir, Blanco vai a Bruxelas pedíndolle á Lowe que fale co goberno español (pq éste non entra en razón), e Lowe dille… oiga, convénzaos vostede e nós estamos dispostos a renegociar. Agora toca de novo falar co goberno.

    a dirección xeral de competencia europea nunca puxo en dúbida a viabilidade do plan barreras (sobre todo pq non é da súa competencia) e a SEPI… bueno, a SEPI mezclou datos para que presentalo como non viable.

    — Iván, como ben sabes, a capacidade da empresa pública para facer barcos máis alá do que fai hoxe, está anulada polo acordo España-UE. Liberando os recursos ociosos a outra iniciativa non se anula o que xa está, senón todo o contrario.

    Con todo esto aclarado Iván, o conflito aquí, parece a falta de vontade política do goberno central.

    Pódese levar a cabo este proxecto que revitalizaría a zona ou pódese seguir esperando a que a SEPI se invente (e consiga financiación para) un novo proxecto que a reindustrialice. Por outra banda, é discutible que en igualdade de condicións, o estado (a SEPI) teña mellor ollo para os negocios que o sector privado.

    E en todo este proceso, o psoe estatal deixou ás claras a súas posición: “pasa”. Moi triste.

  4. Pingback: chuza.org
  5. O bloco PSOE-IU conseguiu gañar a votación malia a posuír menos deputados fronte ao resto de partidos que votaron a favor: BNG, PP, CiU, PNV, ERC, CC, Grupo Mixto, etc… Gustaríame saber o nome deses deputados que estaban d troula en lugar de na votación. Así se decide o noso futuro.

Leave a Reply