Unha época de cambios: did you know?

Hai uns días posteaba o artigo de Punset sobre os cambios:

el cambio técnico evoluciona más rápidamente que el social y éste, más rápido que la programación mental de las gentes

e agora, repasando algúns feeds retrasados dun verán intenso, atopo este video que nos invita á conversa e á reflexión. En 8 minutos plantexa un escenario onde os cambios tecnolóxicos e demográficos son os principais actores, un mundo por inventar no que o modelo educativo difire necesariamente do herdado da época industrial:

We are currently preparing students for jobs and technologies that don’t yet exist.. in order to solve problems we don’t even know are problems yet.

Déixovos (pen)última perla do YouTube (a estas alturas é probable que xa o vírades). Moi estimulante…

[gv data=”pMcfrLYDm2U” width=”425″ height=”350″][/gv]

2 thoughts on “Unha época de cambios: did you know?”

  1. A respeito do vídeo, quixera comentar que en países en vías de desenvolvemento (India, China, América Latin) o crecemento comeza exponencial, e iso sempre chama a nosa atención, mas cando se acada certo grao de maturidade, o crecemento vóltase asintótico coma nas economías xa consolidadas. A curva completa é un “s” e por iso algúns autores chámanlle a curva sigmoidal.

    O mesmo acontece ao propagar unha tecnoloxía (radio, tv, email, foro, blog, etc..): o principio é un boom, ata que se consolidae mantense estable.

    Ou sexa, que non hai crecemento sen limites, porque queirámolo ou non, os recursos son finitos. E se ben certas cousas da educación deben mudar (como o fomento do emprendedorismo) outras como ensinar os fundamentos da ciencia case non mudaron. Os que estudamos algo relacionado coas TIC penso que non deberíamos sustituir o que é fundamental (p.ex. saber algoritmos, álxebra relacional, arquitectura de computadores, métodos numéricos, etc…) polo que pode ser coñecemento tremendamente incidental e perecedeiro (p.ex. AJAX, J2EE, Net, etc…).

    Sigmoid function
    Limits to growth
    System dynamics

  2. Cos cambios precisos na educación non pretendo discutir tanto ás materias en sí como o obxectivo final da educación, as formas en cómo son dadas. Por outra parte, está claro que moitas materias e estudioas actuais deberían ser replantexadas: pensa x ex na necesidade de formar a xente que traballe para a web ou que xestione a creación de videoxogos.

    É algo do que seguirei escribindo en vindeiros post, pero ó que me refiro é á creatividade. Verás, nesta época tan posmoderna, precisamos máis que nunca que nos ensinen a aprender. Os traballos desta sociedade serán predominantemente creativos, e a creatividade tamén pode ser entrenada. Alomenos, non coartada.

    Hai outro video moi chulo sobre isto mesmo, sobre fomenta-la creatividade nas escolas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *