Webs de eventos e publicidade open source

 

Estes días celebrouse o congreso de Fundamentos Web 2006, organizado polo W3C (oficina española) e a Fundación CTIC.

Máis que comenta-lo congreso (algo que xa fixo moito e mellor a blogosfera) quero falar da web do evento e a publicidade do mesmo. Dos elementos que a compoñen e cómo se fomentan os puntos de encontro e conversa dende a propia web central.
A web publicitaria do evento posúe elementos duros. Chámoos duros porque pretenden fomenta-lo coñecemento dende o centro, dende os organizadores. E son os que seguen:

  • Unha web do evento. Evidente.
  • Noticias actualizadas sobre o congreso. Previas á súa realización.
  • Sindicación de contidos.
  • Notas de prensa referidas ó mesmo.
  • Info sobre os actos e os ponentes.
  • A documentación do evento. Tamén previamente, na medida do posible.
  • Retransmisión do evento en directo.

Por outra parte, e como ítems interesantes, están os elementos blandos, os que buscan vertebrar unha conversa en torno ó evento dende a periferia. Os que seguen:

Estes últimos elementos (e principalmente a actitude dos organizadores) son os que configuran a “longa cola” das comunidades da que fala Juan Freire, en contraposición coa “curta cola” da fama (eu diría máis: do status quo).

Evidentemente, os organizadores desexan que se fale do seu evento e se comente. Pero non só. A partir da recollida dos post doutros actores alleos, configúrase de facto unha comunidade en torno á que informarse máis alá do centro. Unha comunidade que participou no evento e ten cousas que dicir.

Éste é o modelo que deberiamos seguir os que pretendemos construir axenda pública e tecer redes de persoas. Un modelo open source. Aberto á conversa.

Leave a Reply