Wired en GZ

Non se pode dicir que me fose sinxelo atopala. Máis ben todo o contrario, tiven que viaxar ata Barcelona para poder tela nas miñas mans. Por suposto, non viaxei con ese gallo, mais unha vez alí non podía desaproveitar a oportunidade.

Logo de buscala durante alguns meses (pasaban edicións e seguía sen encontrala) en librerías e quioscos de Compostela, Vigo e outros lugares “de provincias” que dirían… non dei con ela. “Se nos ha acabado” dicíanme os máis atrevidos. Xa. Por cortesía calaba. Era estrano que a principios de mes xa non a tiveran. Xa sabía onde non debería buscar de novo.

Encontrala convertiuse nun reto. Agora non me movía a simple curiosidade de ler a famosa revista, senón un instinto atávico. Conseguir o que un se propón: comprar a Wired en Galicia. Non o conseguín e vencín á tentación de comprala nun sitio alleo. E agora pregúntome… ¿é posible comprala en GZ?

Ahí queda o reto.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *