in All, ESF Galicia, Galego, Some events I attended

Xabier Vence e os retos da política industrial galega

Seguimos coas crónicas dos relatorios de Mundialización da economía, da sociedade e da universidade, que empezámo-la semana pasada. Ó igual que para a de Carlos Taibo, farei resumo e crítica.

Xavier Vence comeza contextualizando do que vai falar. Deixa claro que coa globalización preséntanse oportunidades e ameazas para as economías. El falará das ameazas para unha economía periférica como a galega.
Primeiro, insiste en separar dous tipos de problemas que a miúdo se unen:

  1. a relación entre a propiedade do capital e a localización da sede da empresa
  2. a localización do proceso produtivo

Enumera as consecuencias do problema #1, indicando ademáis, que éstas se olvidan case sempre, pois soen ser a medio e longo plazo.

  • concentración do poder económico (onde se sitúan as sedes) con consecuencias económicas, pero tamén políticas e sociais
  • mudanzas no proceso de decisión das empresas
  • varía a centralidade do proceso de acumulación do capital: localización da xeración dos investimentos (invírtese alí onde está a sede)
  • a localización das actividades tecnolóxicas principais (I+D) tenden a estar ubicadas na sede
  • reubicación de emprego de alto nivel
  • localización dos impostos societarios

A continuación, relata cómo inflúe a localización da produción nunha economía:

  • localización do emprego e xeración das rentas salatarias (das máis importantes nunha economía)
  • externalidades produtivas: relacións inter-industria, inter-empresa
  • externalidades tecnolóxicas: cómo a deslocalización afecta ós círculos de coñecemento, xa que desaparece o vector de xeración e difusión
  • diminución de contribución fiscal por tributos

Unha vez en contexto, pón numerosos exemplos de deslocalización (nos 2 sentidos) de empresas galegas e os seus efectos para a evolución da economía galega. Algúns dos citados en canto ó capital e propiedade foron…

  • Banco do Noroeste nos 70. Foi o motor da industrialización dos 50-70 en Galicia. Unha vez é absorvido por Rumasa nos 70 deixa “de pensar” en Galicia e o proceso de inversión nesta terra redúcese.
  • Unión Fenosa nos 80.
  • Leyma (por Puleva) e Larsa (po cooperativas francesas e logo por Peña Santa Asturias) nos 90.
  • Softgal, Intelsis ou Arteixo Telecom por relatar exemplos actuais e das telecomunicacións.

En canto á produción…

  • na confección (adolfo domínguez, zara)
  • nas conserveiras (estanse observando síntomas de redución, aínda que moi pequenos)

Todo isto lévalle a afirmar que a propiedade da empresa é importante para a evolución da economía, que o proceso de desnacionalización do capital galego vai parello ó desenvolvemento da súa economía, xa que redunda na…

medida en que Galicia pode soster a longo plazo o capital que foi xerado na súa historia. Por isto é periférica e subordinada.

Por suposto, tamén di que hai empresas que presentan os dous problemas asociados, sobre todo naqueles casos nos que son absorvidas como estratexia de eliminación da competencia.

Por outra banda, cabe distinguir o dito das estratexias de internacionalización das empresas.

Así, remata esta parte dicindo…

o fenómeno de extroversión do capital é en parte cíclica, pero tamén estrutural. A globalización é a causa.

Remarcando a idea de que..

cando unha empresa se vai, con ela vanse activos e recursos públicos recibidos ata ese momento. ¿Cómo afrontar esa situación?

E chegan as propostas. Comeza criticando a política industrial ata o de agora xa que…

a maior parte da mesma ata o de agora foi de subvencións ás empresas non condicionadas ó comportamento a medio e longo plazo.

As vías para atalla-lo problema pasan por:

  • Variar a política de axudas ás empresas: non dotar de axudas directas (subvencións), senón invertir en capital social, territorializado. Por ex, inversión en infraestruturas, centros tecnolóxicos, fortalecemento das relacións inter-industria (clústers), etc.

Os recursos públicos non deben ingresar ás contas das empresas, senón que a estratexia debe ser favorece-la competitividade do entorno xeográfico para non depender dunha empresa.

  • Revisar instrumentos clásicos de apoio: participación pública nas empresas estratéxicas (de forma temporal ou con capital fixo) e uso intensivo das institucións financieiras como socios desas empresas (fundacións, caixas, etc)

Leave a Reply

Webmentions

  • O bazar de nes » Mundialización da economía, da sociedade e da universidade

    […] A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial, Xavier Vence. Xoves 16. (resumo, crítica, vídeo, crónica do DUVI) […]

  • O bazar de nes » Crítica ó relatorio de Vence

    […] Logo dunha semana, expoño aquí a crítica á charla de Xavier Vence: A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial. Xa se pode ler a crónica do DUVI e ve-lo vídeo da charla. […]